OS LIBROS MAIS EMPRESTADOS
Entre os libros máis emprestados temos a “Pablo Diablo y el ratón Pérez”. Trátase dun libro de personaxes fantásticos. Pertence a Editorial do Barco de Vapor. E atópase na estantería dos Lectores en Marcha (7-9 anos).
Tamén atopamos o libro de “Charlie e a fábrica de chocolate”. Este libro desenrolase na casa de Charlie, na que os únicos alimentos que podían permitirse eran pan e margarina para o almorzó. Patacas e repolo para o xantar e sopa de repolo para a cea. Ós domingos eran un pouco mellor, xaque, aínda que comían exactamente o mesmo, estáballes permitido recuncar. Pero Charlie debecía por algo mais alimenticio e satisfactorio ca repolo e sopa de repolo. O que mais desexaba no mundo era... CHOCOLATE. E mira por onde, xusto frente da súa casa había unha enorme FÁBRICA DE CHOCOLATE. E aí, ás portas desa fábrica, empeza a mais extraordinaria e engaiolante aventura que o ser humano poida soñar...
Tamén temos a “Bruxa de Xulia”, “O gusto”, “O Outono”,… Pero para saber de que van vades ter que ir votar unha ollada á Bilioteca!!!.




Chúzao
del.icio.us