Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

BIBLIOTECA

Arquivo: Novembro 2008

19/11/2008 GMT 1

2ª CARTA DE ROQUE

bibliotecadaigrexa @ 14:39

Queridos nenos e nenas:Teño moitas ganas de que nos contedes todo o que hai na árbore da “Colleita do Outono”.Que vos parece hoxe ás 12:15 horas na escaleira.

GUAU, GUAU, GUAU!!! 

Un bico ROQUE

ENCHEUSE A ÁRBORE DE RECEITAS, DITOS, POEMAS, REFRÁNS,...

AÍ VOS VAN ALGÚNS:

As castañas son castañas,

os ourizos son ourizos,

os olliños da túa cara

para min son dous feitizos.

Chegou o vento do outono

e con él saen os ourizos

no monte apañan os cogumelos

e nas leiras esfollan o mainzo.

É tempo de choiva e raios

é tempo de fantasmas

é tempo de espantallos

e de comer as castañas.

 

CARTA DE ROQUE

bibliotecadaigrexa @ 14:33

 

 Queridos nenos e nenas:

Dende o día da biblioteca ( 24 de novembro) non tiven moita relación con vós, aínda que ando lendo as receitas e ditos que puxestes no “Receteiro do outono”, pero énos moita hora de falar do Magosto e do Samaín pois xa están aí; ben pois ademáis de todas as actividades que todos/as sabedes e estades a preparar ándame unha idea na cabeza, guau, guau,guau!..…Sabedes quen ven o venres facernos unha visita RAFA!!!! e entón ademáis de invitalo a castañas e a disfrutar con él o Magosto e o Samaín podíades escribirlle algo o que sexa, pero que teña relación co Samaín e con Rafa. 

Adornade moi ben  as cabazas e coidadiño coas castañas!!!!!

 

GUAU, GUAU, GUAU!!!

 

Un bico ROQUE

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA

bibliotecadaigrexa @ 13:59

Nas datas anteriores ao día da Biblioteca, Roque escribelles no Xornaliño a seguinte pregunta:

Que é para ti unha Biblioteca?

E como a Roque lle encantan as preguntas, de alí a unhos días aparece outra pregunta:

LES?

* EN CALQUER LUGAR.

* EN CALQUER MOMENTO.

* DE TODO.

* CON TODO O MUNDO!!!

 

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis